sábado, 9 de novembro de 2019

MUDÁMONOS!!!



Se seguides este blogue da biblioteca do CEIP XUVENCOS con asiduidade, daríadesvos conta de que ultimamente non  publicamos case nada , e non é que deixaramos de argallar cousas  dende a biblioteca do centro... 

      Este curso continuaremos cos magníficos contacontos por parte das familias  ( moitísimas grazas por participar e colaborar con nós), con concursos, robótica, experimentos, aprendizaxes diversas, invitados/as especiais,   lecturas informais  e sobre todo con actividades relacionadas co noso primeiro PDI dos XOGOS OLÍMPICOS...

Ademais este ano fomos seleccionados para o proxecto "RADIO NA BIBLIO" e xa están as ideas para crear a nosa "emisora de radio" 

Este curso decidimos "migrar" os nosos contidos e publicacións ó blogue de BIBLIOTECA   dentro da nosa páxina WEB, para aunar as publicacións do centro.

Entendemos que ó principio quizais sexa un pouco máis "lioso" acceder ós contidos e publicacións, pero en canto vos acostumedes.... 

A partir de agora as "cousas da biblio" estarán na páxina web do centro, no blogue da biblioteca.

Se queredes ver o que estamos a facer premede aquí:
BLOGUE DE BIBLIOTECA NA PÁXINA WEB 

(ou na imaxe que aparece no comezo desta publicación)


BOA LECTURA!!!! 

xoves, 3 de outubro de 2019

XA CHEGOU O PAPAGAIO!!!

Xa chegou o PAPAGAIO ó noso cole!!!

Este curso ampliamos o número de exemplares ós que estamos subscritos para que cada unha das aulas de primaria teña un exemplar mensual. 
E para que na nosa Biblioteca escolar tamén quede algún.

Que que é o PAPAGAIO??? 


O PAPAGAIO é un xornal para a xente miúda, impreso en papel reciclado e a cor. Non contén publicidade, ten periodicidade mensual, e ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura...
Os contidos das seccións están supervisados por especialistas na materia e ilustrados por diferentes autores e autoras. 
O obxectivo do xornal é que as nenas e nenos se interesen pola ciencia, a ecoloxía, a historia ou a arte, entre outras, dunha forma amena e divertida.

(Fonte: http://www.edicionsmoitoconto.com/ )





domingo, 16 de xuño de 2019

EXPURGO

Este curso fixemos un expurgo  considerable na nosa Biblioteca Escolar.
O expurgo consiste en retirar  da colección da biblioteca libros que están desactualizados, desfasados, ou que non están adaptados ó alumnado.
Para dar cabida a novos libros máis acordes coas necesidades do alumnado.

Decidimos donar ó Centro de Saúde do noso Concello algúns destes libros expurgados para que cando as persoas estean agardando  na consulta, teñan unha lectura coa que entreterse.

Este venres, e xa que tiñamos a andaina a Moldes, o alumnado de 4º e 6º achegouse ó Centro de Saúde para levar dúas caixas con libros.



     


sábado, 15 de xuño de 2019

EXPURGO: FESTIVAL DE FIN DE CURSO.

Decidimos poñer á disposición das familias parte dos libros expurgados  da colección da nosa Biblioteca Escolar. Xa que aínda que non están adaptados para o noso alumnado entendemos que para lectura de adultos ou de lecer na casa si. 
Hai quen xa foi levando algúns. 
Os que quedan serán repartidos o día do festival de fin de curso.

BOA LECTURA 


sábado, 8 de xuño de 2019

CONTACONTOS POR PARTE DAS FAMILIAS.

Debido á participación e implicación por parte das familias do alumnado .

Rematamos onte cos contacontos por parte das familias para o curso 2018/19.

Extendéndonos máis aló dos venres ou da semana "Do día do libro"

Queremos dar as grazas a todas as persoas que se achegaron á biblioteca escolar para compartir o seu tempo con nós .

Para o próximo curso máis !!!



      

venres, 24 de maio de 2019

MUSEO ETNOGRÁFICO CASA DO PATRÓN

O pasado 20 de maio o alumnado de ED. INFANTIL foi de excursión ó museo etnográfico  CASA DO PATRÓN. (Lalín) 

Ademais de pasalo ben , divertirnos e disfrutar dun dia de excursión e convivencia todo o ciclo. 
Os obxectivos que nos propuxemos foron a grandes rasgos dous:

  • Coñecer un MUSEO ( xa que no noso proxecto sobre Luis Seoane falamos do que son os museos) e que os hai de distintos tipos. Relacionado coa nosa cultura.
  •  Elaborar pan e traballar co barro como dúas actividades propias da nosa cultura.


Preparamos a actividade previamente nas aulas, falando do tema .

Acó vos quedan unhas poucas fotos da actividade.


      

mércores, 22 de maio de 2019

Día das Letras Galegas: 2019


O pasado 16 de maio o alumnado de primaria e de 5 anos fixo un "rastrexo" no patio do cole baseado na figura de Antonio Fraguas. ( Homenaxeado polo día das letras Galegas deste ano)

O alumnado de 3 e 4 anos tivemos un momento de convivencia e festa tamén para falar da figura de Antonio Fraguas, ler algún dos seus poemas, compartir sobre a súa biografía e bailar...

A nosa fonte de información foi a páxina do Seminario Galán.
Aquí podedes ver a súa biografía

E unhas poucas fotos do momento de convivencia entre as dúas aulas.