Con motivo do Día Internacional da Muller, Palmira, de Obradoiros Mimadriña, realizou un obradoiro de papiroflexia co alumnado de 6º de Infantil, e de 1º, 2º e 3º de Primaria, no que contou dous contos con protagonistas femininas, e nos ensinou a facer barquiñas de papel:
No centro traballamos este día con diferentes libros, vídeos e debuxos, entre outras actividades. Aquí vos deixamos unha mostra:
Tamén organizamos un concurso de redacción sobre a "muller máis importante da miña vida". Adaptado para cada un dos niveis. Os gañadores coñeceranse no día do libro. Haberá un diploma para cada un dos gañadores e gañadoras.
Co gallo da conmemoración do día 20 de novembro, no cole fixemos un concurso de redacción para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria. En colaboración co equipo de Convivencia.
O inicio da redacción era: ser un neno/a mola porque...
De entre todos os participantes o xurado , composto por parte do equipo de biblioteca decidiu que os gañadores fosen:
Alex de 6º.
Natasha e Carlos de 5º
Elsa de 4º.
O propio día 20 fíxoselles entrega dun diploma e un pequeno agasallo.
Parabéns ós gañadores/as e moitas grazas a todos por participar!!!
É por iso que todos os 20 de novembro se conmemora esta aprobación.
Dende a biblioteca e en colaboración co equipo de Convivencia decidimos facer un pequeno concurso de redacción para as clases de 4º, 5º e 6º de extensión entre 6-10 liñas .
Que comezase con : " Ser un neno ou nena mola porque..."
E ademais propuxemos o visionado , dependendo das idades, de curtas ou pequenos documentais para concienciar . Un exemplo é este da Practicopedia no que se nos explica a orixe desta conmemoración.
Ou este outro elaborado por UNICEF para os maiores:
E esta canción tan divertida para os pequenos.
Tamén vos queda aquí o enlace a unhas actividades relacionadas coa temática que elaborou UNICEF , premede AQUÍ