Amosando publicacións coa etiqueta MULLER. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MULLER. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de marzo de 2019

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Con motivo do Día Internacional da Muller, Palmira, de Obradoiros Mimadriña, realizou un obradoiro de papiroflexia co alumnado de 6º de Infantil, e de 1º, 2º e 3º de Primaria, no que contou dous contos con protagonistas femininas, e nos ensinou a facer barquiñas de papel:




Enlaces de interese:

sábado, 9 de marzo de 2019

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

No centro traballamos este día con diferentes libros, vídeos e debuxos, entre outras actividades. Aquí vos deixamos unha mostra:





Tamén organizamos un concurso de redacción sobre a "muller máis importante da miña vida". Adaptado para cada un dos niveis. Os gañadores coñeceranse no día do libro. Haberá un diploma para cada un dos gañadores e gañadoras.






venres, 23 de novembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACION DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

O 25 de novembro, estableceuse coma o día internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

Dende a Mancomunidade da Comarca do Carballiño  propuxéronnos unha actividade para este día.

Por unha banda para o alumnado de primaria fíxose unha actividade moi interesante pola mañá
E pola tarde para o alumnado de ED. Infantil elaborouse un "puzzle" colaborativo na que a peza que falta " es ti".
 Ademais de contarlle ó alumnado de ED. infantil dous contos para a sensibilización sobre o tema e adecuados á súa idade.

Acó vos quedan unhas poucas fotos da actividade desenvolvida para o alumnado de ED. Infantil: