xoves, 25 de xaneiro de 2018

DÍA MUNDIAL DA NEVE


Durante a semana, puidemos desfrutar da selección de libros de frío, por mor da celebración do
 Día Mundial da Neve o 19 de xaneiro.







xoves, 18 de xaneiro de 2018

DENDE A BIBLIOTECA  ESTAMOS MOI CONTENTOS CO AUMENTO DE XUVELECTORES.

Aquí deixámosvos un enlace ó artigo publicado no xornal, Faro de Vigo, sobre o colexio de Xuvencos. Esperamos que vos guste.


El CEIP de Boborás duplica en cuatro cursos la matrícula de infantil y primaria - Un plan del Concello fomenta la conciliación y la "socialización" del alumnado - "Vienen felices a clase"

11.12.2017 | 11:1
                                                        DENTRO DO PLAN PROXECTA

O noso colexio participa neste curso 2017/18, no " Programa escolar de consumo de frutas, hortalizas y leche". Este programa consiste en que, repartiremos froita, na hora do recreo dende o dìa 15 ata o 26 de xaneiro. Froita fresca de tempada.

Nesta foto, os nenos e nenas de todo o ciclo de E. Infantil e de 2º de E. Primaria, presentan o cartel promocional da actividade. Esta semana temos, uvas, mandarinas, mazá, melón e laraxa.




E dende a biblioxuve, presentamos libros relacionados coa elaboración de sobremesas divertidas.


Para que os nosos usuarios as poidan facer e desfrutar. Estos son algúns dos resultados.
 


luns, 1 de xaneiro de 2018

A Chegada dos "Xuvebots"

A robótica acaba de chegar ao noso colexio. Querémosvos presentar aos dous primeiros robots educativos que acabamos de elaborar nesta semana e que levarán o nome de " Xuvebots". Xa están a facer as delicias d@s nos@s alumn@s e esperamos que sexan os primeiros de moitos.


https://www.facebook.com/1009385222414279/videos/1694245650594896/