sábado, 31 de marzo de 2018

PREPARANDO A FEIRA


PREPARANDO A
"III FEIRA DE TROCO DE LIBROS"

Aínda que estamos en vacacións, a nosa impresora 3D segue traballando arreo acuñando moedas para a celebración da "III EDICIÓN DA FEIRA DE TROCO DE LIBROS DE BOBORÁS"
Instamos as familias a ir preparando os libros para intercambiar por Xuvencos. 
subiremos máis información á volta de Semana Santa.


XUVEBOTS


OS XUVEBOTS 

O noso compañeiro Michel, deixounos bo sabor de boca nestas vacacións de Semana Santa xa que a volta, cada aula contará cun XUVEBOT para o seu uso nas actividades diarías.

Cada docente poderá adaptalo como apoio a súa aula.



Os alumnos e alumnas de 2º foron os encargados de probalos, e están listos para a volta de vacacións.

DÍA DA AUGA DA ÁRBORE E DA POESÍA



Os centros educativos da Comarca de o Carballiño 
renderon unha homenaxe á natureza e á lingua galega.


Celebramos o
 Día das Árbores, da Auga e da Poesía, 
na Insua dos Poetas.


Participaron oito centros educativos: IESnº1, IES Chamoso Lamas. Colexio Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, do Carballiño, e da comarca os colexios de Bearíz, Irixo e Boborás, e como centro convidadoeste ano, o colexio de Maristas de Ourense.
Cada centro elexiu unha palabra vencellada coa auga e despois realizou unha actividade relacionada coa mesma. Así léronse textos dramatizados, cantáronse cancións e realizáronse  coreografías.


O acto estivo organizado polo Ceip Nosa Sra de Xuvencos
(Boborás), e contou coa asistencia de numerosas autoridades. Así, asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández; o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar; a delegada territorial de Educación, María Luz Fernández, así coma os directores, directoras, profesores e profesoras dos centros participantes.
O acto estivo seguido pola TVG, saíndo no programa " A Revista" con conexións en directo, así coma no telexornal do mediodía.
A imaxe que podedes ver, correspóndese coa actuación do noso centro.

A GLOBAL MUIÑEIRA 
REPRESENTADA POLOS CENTROS QUE REALIZARON A CONVIVENCIA

              

Parabéns a tódolos participantes polas súas actuacións.


CONVIVENCIA



                         CONVIVENCIA

O mércores 21 de marzo celebramos a "convivencia" xunto cos centros de Irixo, San Amaro e Bearíz. Tivemos contacontos, actividades deportivas, bailes e xogos. 
Este ano tivo lugar no colexio do Irixo e queremos agradecer aos compañeiros o seu bo traballo organizativo.


                     https://drive.google.com/…/14svhx4gKACOZONfG9i5uaHRz_S…/view


                                   




venres, 30 de marzo de 2018

RECOMENDACIÓNS LECTORAS


RECOMENDACIÓNS LECTORAS
PARA O

DÍA DA POESÍA


SEMANA DA PRENSA

                                                         
                                          SEMANA DA PRENSA

Nesta semana procuramos achegar ós alumnos/as ó uso e valor dos xornais e revistas, como fonte de información, a través de diferentes actividades.

Achegámonos as diferentes seccións, que podemos atopar nos xornais e aos seus elementos máis importantes.




Mentres que, os maiores, 
empregaron os xornais para a hora de lectura.




luns, 12 de marzo de 2018

8 MULLERES PARA o 8 de MARZO


Día da muller traballadora.

                         Con motivo da celebración de esta conmemoración os alumnos e alumnas de 5º e 6º , realizaron unha búsqueda en diferentes medios para seleccionar a 8 mulleres que destacaran ao longo da historia.
Empregamos as novas tecnoloxías: os ordenadores e as tablets, tanto coma, os recursos tradicionais, a investigación dentro da bilioxuve.



Os máis pequenos, os de Infantil, participaron neste día, realizando un agasallo para as traballadoras mamás, e achegándose as vidas das 8 mulleres selecionadas polos maiores.



24 de febreiro, día de Rosalía



ROSALÍA
ABRIDE A FIESTRA

O día 24 de febreiro, conmemórase o 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis célebre.
Dende o colexio realizáronse diversas actividades para exaltar a súa imaxe. Unha delas foi a elaboración dun mural na que @s alumn@s ían pegando os seus debuxos de Rosalía e tamén deseñamos na nosa impresora 3D marcos coa súa imaxe, que logo foron sorteadas entre @s alumn@s do noso centro.




Aquí queda un enlace ao vídeo recopilatoria das actividades:










venres, 2 de marzo de 2018

CARTAS ENTRE AMIGOS

CARTAS ENTRE AMIGOS

Fai uns días, contestamos as cartas enviadas a Xuve por parte dos nenos e nenas do CEIP Xoaquín Loriga, de Lalín.



Fíxonos moita ilusión poder respostar todas as preguntas que nos escribiron,  pois eran moi interesantes.



Agora agardamos a súa resposta para continuar coñecéndonos .