sábado, 9 de novembro de 2019

MUDÁMONOS!!!



Se seguides este blogue da biblioteca do CEIP XUVENCOS con asiduidade, daríadesvos conta de que ultimamente non  publicamos case nada , e non é que deixaramos de argallar cousas  dende a biblioteca do centro... 

      Este curso continuaremos cos magníficos contacontos por parte das familias  ( moitísimas grazas por participar e colaborar con nós), con concursos, robótica, experimentos, aprendizaxes diversas, invitados/as especiais,   lecturas informais  e sobre todo con actividades relacionadas co noso primeiro PDI dos XOGOS OLÍMPICOS...

Ademais este ano fomos seleccionados para o proxecto "RADIO NA BIBLIO" e xa están as ideas para crear a nosa "emisora de radio" 

Este curso decidimos "migrar" os nosos contidos e publicacións ó blogue de BIBLIOTECA   dentro da nosa páxina WEB, para aunar as publicacións do centro.

Entendemos que ó principio quizais sexa un pouco máis "lioso" acceder ós contidos e publicacións, pero en canto vos acostumedes.... 

A partir de agora as "cousas da biblio" estarán na páxina web do centro, no blogue da biblioteca.

Se queredes ver o que estamos a facer premede aquí:
BLOGUE DE BIBLIOTECA NA PÁXINA WEB 

(ou na imaxe que aparece no comezo desta publicación)


BOA LECTURA!!!! 

xoves, 3 de outubro de 2019

XA CHEGOU O PAPAGAIO!!!

Xa chegou o PAPAGAIO ó noso cole!!!

Este curso ampliamos o número de exemplares ós que estamos subscritos para que cada unha das aulas de primaria teña un exemplar mensual. 
E para que na nosa Biblioteca escolar tamén quede algún.

Que que é o PAPAGAIO??? 


O PAPAGAIO é un xornal para a xente miúda, impreso en papel reciclado e a cor. Non contén publicidade, ten periodicidade mensual, e ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura...
Os contidos das seccións están supervisados por especialistas na materia e ilustrados por diferentes autores e autoras. 
O obxectivo do xornal é que as nenas e nenos se interesen pola ciencia, a ecoloxía, a historia ou a arte, entre outras, dunha forma amena e divertida.

(Fonte: http://www.edicionsmoitoconto.com/ )





domingo, 16 de xuño de 2019

EXPURGO

Este curso fixemos un expurgo  considerable na nosa Biblioteca Escolar.
O expurgo consiste en retirar  da colección da biblioteca libros que están desactualizados, desfasados, ou que non están adaptados ó alumnado.
Para dar cabida a novos libros máis acordes coas necesidades do alumnado.

Decidimos donar ó Centro de Saúde do noso Concello algúns destes libros expurgados para que cando as persoas estean agardando  na consulta, teñan unha lectura coa que entreterse.

Este venres, e xa que tiñamos a andaina a Moldes, o alumnado de 4º e 6º achegouse ó Centro de Saúde para levar dúas caixas con libros.



     


sábado, 15 de xuño de 2019

EXPURGO: FESTIVAL DE FIN DE CURSO.

Decidimos poñer á disposición das familias parte dos libros expurgados  da colección da nosa Biblioteca Escolar. Xa que aínda que non están adaptados para o noso alumnado entendemos que para lectura de adultos ou de lecer na casa si. 
Hai quen xa foi levando algúns. 
Os que quedan serán repartidos o día do festival de fin de curso.

BOA LECTURA 


sábado, 8 de xuño de 2019

CONTACONTOS POR PARTE DAS FAMILIAS.

Debido á participación e implicación por parte das familias do alumnado .

Rematamos onte cos contacontos por parte das familias para o curso 2018/19.

Extendéndonos máis aló dos venres ou da semana "Do día do libro"

Queremos dar as grazas a todas as persoas que se achegaron á biblioteca escolar para compartir o seu tempo con nós .

Para o próximo curso máis !!!



      

venres, 24 de maio de 2019

MUSEO ETNOGRÁFICO CASA DO PATRÓN

O pasado 20 de maio o alumnado de ED. INFANTIL foi de excursión ó museo etnográfico  CASA DO PATRÓN. (Lalín) 

Ademais de pasalo ben , divertirnos e disfrutar dun dia de excursión e convivencia todo o ciclo. 
Os obxectivos que nos propuxemos foron a grandes rasgos dous:

  • Coñecer un MUSEO ( xa que no noso proxecto sobre Luis Seoane falamos do que son os museos) e que os hai de distintos tipos. Relacionado coa nosa cultura.
  •  Elaborar pan e traballar co barro como dúas actividades propias da nosa cultura.


Preparamos a actividade previamente nas aulas, falando do tema .

Acó vos quedan unhas poucas fotos da actividade.


      

mércores, 22 de maio de 2019

Día das Letras Galegas: 2019


O pasado 16 de maio o alumnado de primaria e de 5 anos fixo un "rastrexo" no patio do cole baseado na figura de Antonio Fraguas. ( Homenaxeado polo día das letras Galegas deste ano)

O alumnado de 3 e 4 anos tivemos un momento de convivencia e festa tamén para falar da figura de Antonio Fraguas, ler algún dos seus poemas, compartir sobre a súa biografía e bailar...

A nosa fonte de información foi a páxina do Seminario Galán.
Aquí podedes ver a súa biografía

E unhas poucas fotos do momento de convivencia entre as dúas aulas.


 


xoves, 16 de maio de 2019

GUYI GUYI

O pasado 14 de maio o alumnado de ED. Infantil foi de "excursión" ó auditorio de Ourense para ver unha obra de monicreques titulada "GUYI GUYI"  da compañía Periferia Teatro.

A obra é unha versión adaptada do conto do mesmo título no que nos contaron a historia dun ovo... que resultou non ser o que parecía...

A obra gustoulles moito, e ó final da representación, as integrantes da compañía saíron para que os nenos e nenas puidesen ver de preto ós protagonistas.

Aquí vos queda o vídeo promocional da actuación :

       


E unhas poucas fotos do evento:



domingo, 12 de maio de 2019

CONMEMORANDO O DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS DAS FAMILIAS

Para conmmemorar o Día do libro,  convidamos ás familias que quixesen a vir contarnos un conto,  para o  alumnado de ED. Infantil durante a propia semana e tamén  na posterior. Queremos das ás grazas ás persoas que se achegaron ó cole a compartir o seu tempo con nós.

E aquí tedes unha pequena escolma fotográfica de todos os contacontos.
GRAZAS E BOA LECTURA!!!!

       

luns, 29 de abril de 2019

LENDO EN FAMILIA.

Con motivo do día do libro no cole propuxéronse unha serie de actividades  relacionadas co mesmo.
Así tivemos o "troco de libros" e a semana pasada e esta contamos coas familias do noso alumnado que se están achegando ó centro para contarlle un conto ó alumnado de ED. Infantil.

Outra das actividades propostas e de carácter voluntario foi a de que nos enviásedes unha fotografía "lendo en familia" , xa que a familia é un dos núcleos de aprendizaxe dos nenos/as e moitas veces unha fonte de conductas a imitar.

A participación foi menor do que nos gustaría, pero para ser a primeira vez que se fai, temos que agradecer a todas as familias que participaron nesta proposta.


BOA LECTURA!! 

      

sábado, 27 de abril de 2019

PROXECTO DE CCSS: O ANTIGO EXIPTO

En CCSS de 3° de Primaria fixemos un proxecto sobre o Antigo Exipto que finalizamos coa elaboración dunhas maquetas en grupos. O alumnado deste curso visitou a clase de 5° de Infantil, xa que fixeron un proxecto da mesma temática o curso pasado, para intercambiar información e aprender máis sobre o tema.



Máis fotos do proxecto aquí.

sábado, 13 de abril de 2019

venres, 12 de abril de 2019

XUVEXORNAL 2018/2019

Aquí vos deixamos a ligazón para ver o xornal escolar que se realizou dende biblioteca polo alumnado do cole para este curso:

luns, 8 de abril de 2019

CORRESPONDENCIA INTERCENTROS.

O alumnado de 3º de ED. Primaria do noso cole, estableceu, dende a área de lingua galega e coa colaboración da profe Mª Luz , correspondencia por carta co alumnado do 

É un xeito  lúdico de traballar a CCL (competencia en comunicación lingüística), CSC ( competencia social e cívica) e ademais coñecer a nenos e nenas da súa idade e que viven outras realidades.


AGARDAMOS QUE XURDAN MOITAS AMIZADES!!!!!!  




venres, 5 de abril de 2019

NOVAS INCORPORACIÓNS DE INGLÉS NA NOSA BIBLIO

Este curso ademais de facer un considerable EXPURGO, estamos mellorando a nosa colección, en consulta, "Manga" e Poesía, e tamén en inglés!!!


luns, 1 de abril de 2019

1 DE ABRIL: DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019: LUIS SEOANE

Hoxe conmemórase o día das Artes Galegas, este ano adicado á figura de 
Luis Seoane.

Dende a rede de Patrimonio galego elaboraron unha serie de materiais para dar a coñecer a súa faceta de pintor,caricaturista e editor máis aló que a de escritor.( Xa que foi homenaxeado no día das Letras Galegas do ano 1994) 

BO DÍA DAS ARTES GALEGAS!!



O alumnado de ED. Infantil está traballando nun PDI común sobre a figura de Luis Seoane. 

sábado, 30 de marzo de 2019

ENQUISA ANÓNIMA SOBRE HÁBITOS LECTORES (1ª PARTE)

Hai unhas semanas enviamos ás familias unha pequena enquisa sobre hábitos lectores, que constaba de varias preguntas. Cunha participación anónima e voluntaria.
Participaron un 45% das familias.
A enquisa constaba de 8 preguntas.

A continuación presentamos as gráficas coas estatísticas das catro primeiras preguntas. Na seguinte publicación estarán as outra catro gráficas .
 (Grazas ó profe "Pepe" que foi o que baleirou as enquisas e calculou  as porcentaxes)


Made with OnlineChartTool.Com

Made with OnlineChartTool.Com


Made with OnlineChartTool.Com


Made with OnlineChartTool.Com


Continúa coas seguintes preguntas da ENQUISA 

ENQUISA ANÓNIMA SOBRE HÁBITOS LECTORES ( 2ª PARTE)

As catro últimas preguntas da enquisa, recollemos as gráficas a continuación:


Made with OnlineChartTool.Com


Made with OnlineChartTool.Com


Made with OnlineChartTool.Com


Made with OnlineChartTool.Com

MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!! 

1ª SESIÓN DE CONTACONTOS DAS FAMILIAS.

Este venres na hora do recreo tivemos a primeira sesión de "contacontos"  para o alumnado de ED..INFANTIL por parte das familias.

Inaugurou a "tempada" Belén que nos contou o conto de
 " Corre corre cabaciña"

Acó vos quedan unhas poucas fotos do momento:



Moitísimas grazas a Belén por compartir o seu tempo con nós. 

xoves, 28 de marzo de 2019

DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE, A AUGA E A POESÍA

Con motivo deste día, plantamos unha árbore en equipo no noso centro. Aquí vos deixamos o cartel deseñado para este día e un vídeo coas fotos da plantación:




SCRATCHEANDO NO COLE

Na materia de inglés, o alumnado de 5º de Educación Primaria está traballando con Scratch para realizar diferentes micro-historias, xogos interactivos e vídeos con música para iniciarse no mundo da programación.

INSUA DOS POETAS: DÍA DA ÁRBORE, A AUGA E A POESÍA

Aquí vos deixamos a actuación de parte do noso alumnado na Insua dos Poetas polo Día da Árbore, a Auga e a Poesía:

martes, 19 de marzo de 2019

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Con motivo do Día Internacional da Muller, Palmira, de Obradoiros Mimadriña, realizou un obradoiro de papiroflexia co alumnado de 6º de Infantil, e de 1º, 2º e 3º de Primaria, no que contou dous contos con protagonistas femininas, e nos ensinou a facer barquiñas de papel:




Enlaces de interese:

OBRADOIRO DE CHOCOLATE por LOLI CASARES


Loli Casares (Museo do Chocolate, Teimende) visitou o noso centro para explicarlle ao alumnado a procedencia e elaboración do chocolate dende a súa perspectiva:


Enlaces de interese:

luns, 18 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA

A pasada semana conmemorouse a semana da prensa na escola. ( Dos días 11 ó 15 de marzo)

Durante toda a semana desenvolvéronse actividades relacionadas coa mesma, tanto a nivel aula coma a nivel centro.

A nivel de centro, fixemos dúas actividades:
-Un mural con novas que fomos recollendo durante toda a semana que nos chamaron a atención ou estaban relacionadas coa nosa contorna.

- Elaboración dun xornal de centro, no que puxemos en práctica os coñecementos sobre as novas, as partes, os contidos etc... titulado "XUVENOVAS"  que próximamente convertiremos a formato PDF para compartilo aquí con vós.







sábado, 9 de marzo de 2019

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

No centro traballamos este día con diferentes libros, vídeos e debuxos, entre outras actividades. Aquí vos deixamos unha mostra:





Tamén organizamos un concurso de redacción sobre a "muller máis importante da miña vida". Adaptado para cada un dos niveis. Os gañadores coñeceranse no día do libro. Haberá un diploma para cada un dos gañadores e gañadoras.






martes, 26 de febreiro de 2019

24 DE FEBREIRO : DÍA DE ROSALÍA.

O pasado xoves celebramos o día de ROSALÍA no centro.

O alumnado de cuarto curso e a través dun KAMISHIBAI  explicounos a súa vida.

Ademais o alumnado recibiu un retrato de Rosalía realizado coa Impresora 3D para acompañar na canción .

Acó vos quedan unhas poucas fotos do evento:
E tamén o momento "canción":
                         
VIVA ROSALÍA!!!!!

martes, 19 de febreiro de 2019

ESTEFANÍA PADULLÉS: ILUSTRADORA

Mañá recibiremos a visita da ilustradora Estefanía Padullés.

Autora do libro " A manchas ou a raias?? "
A actividade destinada ó alumnado de ED. Infantil e 1º e 2º de primaria.

Esta semana contamos o libro na clase, e falamos das manchas e das raias, das diferenzas, dos medos e de que ás veces xulgamos as cousas polas apariencias... e quizais deberíamos profundizar un pouco máis.

Acó vos queda unha recomendación do libro que fan dende a libraría Couceiro:

          

A nosa biblioteca escolar xa está preparada para a súa visita:

          
     

luns, 11 de febreiro de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Despois das obras na biblioteca escolar, a semana pasada "reabríronse as portas da nosa biblioteca de centro para voltar a facer o préstamo  semanal e ademais comezaron a sair as "mochilas viaxeiras" rumbo ás casas do noso alumnado.

Comezamos o martes pasado, e a partir de agora cada luns as mochilas cambiarán de mans...

A " Mochila Viaxeira" forma parte dun Proxecto de Fomento da Lectura que se leva a cabo en colaboración coas familias.  


. Libros, contos, CD's, DVD's, guías ou revistas adecuadas tanto á idade dos alumnos aos que vai dirixida, como a outras idades, co obxectivo de poder compartila con todos os membros da familia.

- " O diario da mochila"

. Para escribir as vosas opinións e comentarios.

. Para propoñer melloras.

. Para enviarnos algún escrito propio ( relato breve, poesía...)

- " Normas para o seu uso"

. A mochila estará na casa dos alumnos durante unha semana.
. Débese coidar e valorar o material de cada unha delas.
. Débese devolver o día que corresponde con todo o seu contido ( recorda que despois o ten que levar o seguinte alumno que lle corresponde na lista).


Se queredes ver as fotos da primeira quenda de mochilas que saíron do colexio,
premede AQUÍ 
Se queredes ver as fotos da segunda quenda de mochilas que saíron do colexio,
 premede AQUÍ 
Se queredes ver as fotos da terceira quenda de mochilas que saíron do colexio,
premede AQUÍ.

Semanalmente no facebook do cole poderedes ver o resto das mochilas que van saíndo...

BOA LECTURA !!!!!

xoves, 7 de febreiro de 2019

ALFIN NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Aquí vos deixamos unha presentación para saber máis sobre ALFIN:




OS VIQUINGOS EN CIENCIAS SOCIAIS DE 3ºEP

Na clase de 3º EP estamos a traballar a temática dos viquingos. Despois dunha presentación e vídeo introductorios, o alumnado investigou diferentes aspectos da vida viquinga pescudando en Internet e buscando a información en libros. Con isto, realizaron uns traballos grupais, e aprendemos a canción 'Si vikingo tu quieres ser'. Tamén fixemos os nosos cascos viquingos para meternos en contexto:







xoves, 24 de xaneiro de 2019

INÍCIATE NO MUNDO DO MANGA

Xa temos na biblioteca do centro os primeiros títulos manga para incorporar á nosa colección, que iremos completando. O manga lese dunha maneira diferente a como lemos outros libros, polo que vos deixamos nesta ligazón unha presentación coa información clave que tedes que saber: