domingo, 16 de xuño de 2019

EXPURGO

Este curso fixemos un expurgo  considerable na nosa Biblioteca Escolar.
O expurgo consiste en retirar  da colección da biblioteca libros que están desactualizados, desfasados, ou que non están adaptados ó alumnado.
Para dar cabida a novos libros máis acordes coas necesidades do alumnado.

Decidimos donar ó Centro de Saúde do noso Concello algúns destes libros expurgados para que cando as persoas estean agardando  na consulta, teñan unha lectura coa que entreterse.

Este venres, e xa que tiñamos a andaina a Moldes, o alumnado de 4º e 6º achegouse ó Centro de Saúde para levar dúas caixas con libros.



     


sábado, 15 de xuño de 2019

EXPURGO: FESTIVAL DE FIN DE CURSO.

Decidimos poñer á disposición das familias parte dos libros expurgados  da colección da nosa Biblioteca Escolar. Xa que aínda que non están adaptados para o noso alumnado entendemos que para lectura de adultos ou de lecer na casa si. 
Hai quen xa foi levando algúns. 
Os que quedan serán repartidos o día do festival de fin de curso.

BOA LECTURA 


sábado, 8 de xuño de 2019

CONTACONTOS POR PARTE DAS FAMILIAS.

Debido á participación e implicación por parte das familias do alumnado .

Rematamos onte cos contacontos por parte das familias para o curso 2018/19.

Extendéndonos máis aló dos venres ou da semana "Do día do libro"

Queremos dar as grazas a todas as persoas que se achegaron á biblioteca escolar para compartir o seu tempo con nós .

Para o próximo curso máis !!!



      

venres, 24 de maio de 2019

MUSEO ETNOGRÁFICO CASA DO PATRÓN

O pasado 20 de maio o alumnado de ED. INFANTIL foi de excursión ó museo etnográfico  CASA DO PATRÓN. (Lalín) 

Ademais de pasalo ben , divertirnos e disfrutar dun dia de excursión e convivencia todo o ciclo. 
Os obxectivos que nos propuxemos foron a grandes rasgos dous:

  • Coñecer un MUSEO ( xa que no noso proxecto sobre Luis Seoane falamos do que son os museos) e que os hai de distintos tipos. Relacionado coa nosa cultura.
  •  Elaborar pan e traballar co barro como dúas actividades propias da nosa cultura.


Preparamos a actividade previamente nas aulas, falando do tema .

Acó vos quedan unhas poucas fotos da actividade.


      

mércores, 22 de maio de 2019

Día das Letras Galegas: 2019


O pasado 16 de maio o alumnado de primaria e de 5 anos fixo un "rastrexo" no patio do cole baseado na figura de Antonio Fraguas. ( Homenaxeado polo día das letras Galegas deste ano)

O alumnado de 3 e 4 anos tivemos un momento de convivencia e festa tamén para falar da figura de Antonio Fraguas, ler algún dos seus poemas, compartir sobre a súa biografía e bailar...

A nosa fonte de información foi a páxina do Seminario Galán.
Aquí podedes ver a súa biografía

E unhas poucas fotos do momento de convivencia entre as dúas aulas.


 


xoves, 16 de maio de 2019

GUYI GUYI

O pasado 14 de maio o alumnado de ED. Infantil foi de "excursión" ó auditorio de Ourense para ver unha obra de monicreques titulada "GUYI GUYI"  da compañía Periferia Teatro.

A obra é unha versión adaptada do conto do mesmo título no que nos contaron a historia dun ovo... que resultou non ser o que parecía...

A obra gustoulles moito, e ó final da representación, as integrantes da compañía saíron para que os nenos e nenas puidesen ver de preto ós protagonistas.

Aquí vos queda o vídeo promocional da actuación :

       


E unhas poucas fotos do evento:



domingo, 12 de maio de 2019

CONMEMORANDO O DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS DAS FAMILIAS

Para conmmemorar o Día do libro,  convidamos ás familias que quixesen a vir contarnos un conto,  para o  alumnado de ED. Infantil durante a propia semana e tamén  na posterior. Queremos das ás grazas ás persoas que se achegaron ó cole a compartir o seu tempo con nós.

E aquí tedes unha pequena escolma fotográfica de todos os contacontos.
GRAZAS E BOA LECTURA!!!!