mércores, 31 de outubro de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Con motivo da inauguración da biblioteca do centro, o Día das Bibiliotecas Escolares e a proximidade do Samaín, o alumnado realizou diferentes obras de teatro e cancións. Aquí vos deixamos un vídeo con algúns momentos:


domingo, 28 de outubro de 2018

COMEZA O PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Esta semana , despois da festaza "preinaugural" e a celebración no propio día, comezan os préstamos da Bibiloteca Escolar.

O mércores o profe Michel fixo unha serie de actividades divertidísimas para explicarlle a todo o alumnado o funcionamento da biblioteca,  ademais de repartir para cada familia un  tríptico explicativo das normas uso e distribución da mesma. 

Este ano contamos con unha novidade:  as aulas de ED. INFANTIL tamén van ter préstamo semanal coma o resto do cole!!!!!.

Para que este préstamo sexa máis divertido , solicitamos á Asesoría de Bibliotecas  unhas bolsiñas nas que os nenos e nenas de ED. Infantil van poder levar os libros que escollan na biblioteca, coa axuda e asesoramento das  súas mestras.
BOA LECTURA!!!!!


domingo, 21 de outubro de 2018

ACTIVIDADES DE HISTORIAS TERRORÍFICAS

Aproveitando a inauguración da biblio do cole próxima ao Samaín, os diferentes niveis de Educación Infantil e de Primaria terán unha caixa de historias terroríficas con contos, cómics e novelas de temática terrorífica como son os medos, a maxia, os monstros e demais. Cada curso poderá desfrutar desta caixa un día, aínda que todos os títulos estarán dispoñíbles na biblioteca todo o curso para o seu uso. Cada caixa conterá unha lista coas historias que hai no seu interior, así como unha das que teñen actividades interactivas ou imprimibles para traballar. Aquí vos deixamos esas actividades, esperamos que vos gusten!

Caixa de Historias Terroríficas de Educación Primaria

- Actividades interactivas de 'O Baúl dos Monstros', de A Pantasma, O Monstro do Armario e O Zombi.

- Actividades de comprensión de El Monte de las Ánimas. 

Caixa de Historias Terroríficas de Educación Infantil


- Pack de pasatempos imprimibles en inglés de Onde Viven os Monstros.

- Actividades interactivas para asamblea de Unha Pantasma con Asma.

Ademais, podedes imprimir estas actividades e pasatempos, tamén con temática de Samaín. Que o pasedes DE MEDO!

NOTA: Todas estas actividades foron elaboradas polo equipo TICs do centro en colaboración co de Biblioteca.

sábado, 20 de outubro de 2018

A SEMANA INAUGURAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR ...

Está a piques de comezar!!!!!!
Temos xa todo preparado para desfrutar esta semana da inauguración da nosa biblioteca escolar
Deixámosvos unha imaxe moi significativa...


domingo, 14 de outubro de 2018

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 É o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019.
Como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. 

Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos. 

( fragmento de artigo tirado do blogue de Bibliotecas Escolares, artigo completo  aquí )
Fonte da imaxe: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog

"A poesía, din, é a memoria do mundo". Juan Marqués

ALFIN: ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL

A biblioteca escolar é un lugar para xogar, aprender, ler, divertirse e buscar información.

A información non se atopa so nos libros, tamén podemos recurrir a internet.

Pero temos que ter unha serie de cousas claras para facer a búsqueda nas redes.
Dende o equipo TICs do centro elaboraron esta infografía sobre a busca de información en internet:


Outra cousa importantísima tamén é como identificar novas falsas ...

venres, 12 de outubro de 2018

CHEGOU O PAPAGAIO !!!

Outro xeito de traballar   ALFIN, ademais de buscar a información nos libros da biblioteca, ou en Internet,  tamén é  obter  a información en revistas especializadas, ou en xornais.

Este  curso decidimos inscribirnos  ó xornal  mensual, en galego  "O PAPAGAIO" 

Teremos dous exemplares de cada número do xornal cada mes. 
Déixámosvos o enlace por se queredes ver o número 1

Onte chegaron ó colexio os dous primeiros exemplares!!!   


mércores, 10 de outubro de 2018

PREPARANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES...

No cole estamos preparándonos para a xornada inaugural da nosa Biblioteca de Centro

O día sinalado é o 24 de Outubro  , o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Durante a semana anterior, e nesa mesma semana faremos algunhas actividades relacionadas co gran día!  Seguiremos  informando...