martes, 22 de maio de 2018

Contacontos con Olga Cuervo



Contacontos
Na xornada de hoxe, o alumnado do ciclo de educación infantil e 1º de primaria, adentráronse no mundo dos contos coa guía de Olga Cuervo.







Esperamos volver a desfrutar da súa visita.

LETRAS GALEGAS



Festexamos as Letras Galegas coa canción de
 "O CARRO" de "Fuxan os ventos"

O día 15 de maio, xuntámonos todo o centro no patio, para celebrar o día grande das nosa lingua, unha das actividades que se levaron a cabo, foi a canción de "O carro"
º

Aquí deixamos o vídeo do poema de Manuel María, interpretado pola Agrupación "Fuxan os ventos"

Mª Victoria Moreno




Biografía de:  Mª Victoria Moreno Marquéz

O alumnado de infantil, 1º, 2º e terceiro recitaron a biografía da autora homenaxeada este ano nas "LETRAS GALEGAS" mentras que o alumnado de 4º, 5º e 6º recitaron varios poemas da mesma.




 

O mellor lector.


Concurso: "Mellor lector"

Chegado a estas alturas do curso e coincidindo coas "Letras galegas" realizamos a entrega de premios ao mellor lector ou lectora de este curso 2017-2018.



Durante estes meses cada titor rexistrou os libros que levou cada un dos seus alumnos e alumnas realizando, ademais, un rexistro lector  no que recolleron o resumo dos libros que levaron e unha reseña/recomendación para os seus compañeiros/as.


Para festexar que tod@s disfrutamos coa lectura, tod@s levamos unha chapa de "Eu tamén leo"





 

Recomendacións lectoras

Recomendacións lectoras

Para o día das "Letras Galegas"

No espazo exterior da nosa biblioteca,  estes días podemos atopar a exposición de diversos libros en lingua galega.
Nesta compilación achegamos novidades adquiridas neste curso, contos clásicos, poesía e novelas de aventuras...




15 de maio.

Día da Familia
  
Coa intención de felicitar as familias do noso alumnado, realizouse un chaveiro para cada un dos alumos e alumnas coa figura da  mascota da bibioteca: "Xuve" coa impresora 3D.




Ademais disto, cada  nivel, tivo a oportunidade de buscar dentro dos recursos que nos pode aportar a biblioteca do centro: libros, manuais, revistas, internet... posibilidades dos agasallos que lles quixeron realizar eles mesmos.







Felicidades familias!!

martes, 8 de maio de 2018

Contos en familia.

Dentro das actividades do "Mes do Libro" contamos coa visita de tres familiares do alumnado de Educación Infantil.
Puidemos gozar dos relatos de tres contos populares: 
"Ricitos de oro", "Pinocho" e "Los tres cerditos"


Grazas pola vosa colaboración.