sábado, 22 de decembro de 2018

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL.



Acó quedan as nosas recomendacións lectoras para o NADAL.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL: GAÑADORES

Dende o Equipo de biblioteca queremos agradecer novamente a participación no Concurso de postais de Nadal  por parte do alumnado e as súas familias.

As postais foron enviadas a diversas entidades pertencentes ó concello de Boborás: Centro de saúde, Concello, Centro de maiores de Brués, ás Parroquias...

E tamén a centros escolares cos que temos relación.

Ademais diso o xurado seleccionou catro postais gañadoras ( unha de cada unha das distintas categorías)  e 5 que obtiveron un "accesit".
Foi unha deliberación moi difícil porque a calidade das postais e dos textos foi moi boa.

Coas postais gañadoras confeccionamos unha única postal para compartir tamén vía web e por correo electrónico, que deixamos aquí tamén:



MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR !!!!!  


sábado, 8 de decembro de 2018

NOVIDADES!!

Están chegando novidades á nosa biblioteca para ampliar os libros que xa temos!!!

Especialmente poesía ( xa que este curso é a protagonista das Bibliotecas escolares) , algo de banda deseñada  e  tamén libros de "consulta" para poder investigar sobre o que se está a traballar nas aulas...



venres, 7 de decembro de 2018

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.

O equipo de Biblioteca convoca un concurso de postais de Nadal,
 para elaborar en familia.
Aquí tedes as bases do concurso:


venres, 23 de novembro de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACION DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

O 25 de novembro, estableceuse coma o día internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

Dende a Mancomunidade da Comarca do Carballiño  propuxéronnos unha actividade para este día.

Por unha banda para o alumnado de primaria fíxose unha actividade moi interesante pola mañá
E pola tarde para o alumnado de ED. Infantil elaborouse un "puzzle" colaborativo na que a peza que falta " es ti".
 Ademais de contarlle ó alumnado de ED. infantil dous contos para a sensibilización sobre o tema e adecuados á súa idade.

Acó vos quedan unhas poucas fotos da actividade desenvolvida para o alumnado de ED. Infantil:

 
   




xoves, 22 de novembro de 2018

CONCURSO 20 DE NOVEMBRO: SER UN NENO MOLA PORQUE...

Co gallo da conmemoración do día 20 de novembro, no cole fixemos un concurso de redacción para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria. En colaboración co equipo de Convivencia.
O inicio da redacción era: ser un neno/a mola porque... 

De entre todos os participantes o xurado , composto por parte do equipo de biblioteca decidiu que os gañadores fosen:
Alex de 6º.
Natasha e Carlos de 5º
Elsa de 4º.

O propio día 20 fíxoselles entrega dun diploma e un pequeno agasallo.
Parabéns ós gañadores/as e moitas grazas a todos por participar!!!


xoves, 15 de novembro de 2018

PREPARANDO O 20 DE NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DO NENO

O 20 de novembro de 1989 conseguise a aprobación da Convención dos dereitos do neno na ONU.

É por iso que todos os 20 de novembro se conmemora esta aprobación.

Dende a biblioteca e en colaboración co equipo de Convivencia decidimos facer un pequeno concurso de redacción para as clases de 4º, 5º e 6º de extensión entre 6-10 liñas .
Que comezase con : " Ser un neno ou nena mola porque..."

E ademais propuxemos o visionado , dependendo das idades, de curtas ou pequenos documentais para concienciar . Un exemplo é este da Practicopedia no que se nos explica a orixe desta conmemoración.

Ou este outro elaborado por UNICEF para os maiores:



E esta canción tan divertida para os pequenos.


Tamén vos queda aquí o enlace a unhas actividades relacionadas coa temática que elaborou UNICEF , premede AQUÍ 

mércores, 31 de outubro de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Con motivo da inauguración da biblioteca do centro, o Día das Bibiliotecas Escolares e a proximidade do Samaín, o alumnado realizou diferentes obras de teatro e cancións. Aquí vos deixamos un vídeo con algúns momentos:


domingo, 28 de outubro de 2018

COMEZA O PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Esta semana , despois da festaza "preinaugural" e a celebración no propio día, comezan os préstamos da Bibiloteca Escolar.

O mércores o profe Michel fixo unha serie de actividades divertidísimas para explicarlle a todo o alumnado o funcionamento da biblioteca,  ademais de repartir para cada familia un  tríptico explicativo das normas uso e distribución da mesma. 

Este ano contamos con unha novidade:  as aulas de ED. INFANTIL tamén van ter préstamo semanal coma o resto do cole!!!!!.

Para que este préstamo sexa máis divertido , solicitamos á Asesoría de Bibliotecas  unhas bolsiñas nas que os nenos e nenas de ED. Infantil van poder levar os libros que escollan na biblioteca, coa axuda e asesoramento das  súas mestras.
BOA LECTURA!!!!!


domingo, 21 de outubro de 2018

ACTIVIDADES DE HISTORIAS TERRORÍFICAS

Aproveitando a inauguración da biblio do cole próxima ao Samaín, os diferentes niveis de Educación Infantil e de Primaria terán unha caixa de historias terroríficas con contos, cómics e novelas de temática terrorífica como son os medos, a maxia, os monstros e demais. Cada curso poderá desfrutar desta caixa un día, aínda que todos os títulos estarán dispoñíbles na biblioteca todo o curso para o seu uso. Cada caixa conterá unha lista coas historias que hai no seu interior, así como unha das que teñen actividades interactivas ou imprimibles para traballar. Aquí vos deixamos esas actividades, esperamos que vos gusten!

Caixa de Historias Terroríficas de Educación Primaria

- Actividades interactivas de 'O Baúl dos Monstros', de A Pantasma, O Monstro do Armario e O Zombi.

- Actividades de comprensión de El Monte de las Ánimas. 

Caixa de Historias Terroríficas de Educación Infantil


- Pack de pasatempos imprimibles en inglés de Onde Viven os Monstros.

- Actividades interactivas para asamblea de Unha Pantasma con Asma.

Ademais, podedes imprimir estas actividades e pasatempos, tamén con temática de Samaín. Que o pasedes DE MEDO!

NOTA: Todas estas actividades foron elaboradas polo equipo TICs do centro en colaboración co de Biblioteca.

sábado, 20 de outubro de 2018

A SEMANA INAUGURAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR ...

Está a piques de comezar!!!!!!
Temos xa todo preparado para desfrutar esta semana da inauguración da nosa biblioteca escolar
Deixámosvos unha imaxe moi significativa...


domingo, 14 de outubro de 2018

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 É o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019.
Como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. 

Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos. 

( fragmento de artigo tirado do blogue de Bibliotecas Escolares, artigo completo  aquí )
Fonte da imaxe: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog

"A poesía, din, é a memoria do mundo". Juan Marqués

ALFIN: ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL

A biblioteca escolar é un lugar para xogar, aprender, ler, divertirse e buscar información.

A información non se atopa so nos libros, tamén podemos recurrir a internet.

Pero temos que ter unha serie de cousas claras para facer a búsqueda nas redes.
Dende o equipo TICs do centro elaboraron esta infografía sobre a busca de información en internet:


Outra cousa importantísima tamén é como identificar novas falsas ...

venres, 12 de outubro de 2018

CHEGOU O PAPAGAIO !!!

Outro xeito de traballar   ALFIN, ademais de buscar a información nos libros da biblioteca, ou en Internet,  tamén é  obter  a información en revistas especializadas, ou en xornais.

Este  curso decidimos inscribirnos  ó xornal  mensual, en galego  "O PAPAGAIO" 

Teremos dous exemplares de cada número do xornal cada mes. 
Déixámosvos o enlace por se queredes ver o número 1

Onte chegaron ó colexio os dous primeiros exemplares!!!   


mércores, 10 de outubro de 2018

PREPARANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES...

No cole estamos preparándonos para a xornada inaugural da nosa Biblioteca de Centro

O día sinalado é o 24 de Outubro  , o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Durante a semana anterior, e nesa mesma semana faremos algunhas actividades relacionadas co gran día!  Seguiremos  informando...



xoves, 28 de xuño de 2018

Obradoiro coas familias


Nesta actividade, recorremos a colaboración da famailia para a elaboración de diferentes "Bocadiños" con alimentos do mar.


Grazas a colaboración das familias, todo o centro puido pobrar aluguha das creacións feitas por estas, nais, pais ou avoas.

Obradoiro

Nestra entrada, podedes ver a participación do alumnado de "Ponlle pilas ao teu bocata" no obradoiro proporcionado pola Xunta, en colaboración coa Consellería do mar, para o fomento do consumo de estes alimentos.

Así, puideron disfrutar, de xogos, quebracabezas, ... e duns boccatas cheos de enerxía.


mércores, 27 de xuño de 2018

Exposición na "Biblioxuve"

Seguimos coa compilación das actividades realizadas durante este curso dende "Ponlle pilas ao teu bocata"
Aquí podemos ver un video da realización dunha exposición dentro da biblioteca de libros, contos, enciclopedias, relacionados co mar.
Puidemos ver diferentes recursos que proveñen das nosas costas, diferentes formas de pesca,,,, entre outras moitas cousiñas.

Para rematar a exposición acudimos ao comedor para poder saborear algunhs dos alimentos que nos proporciona o MAR

Esperamos disfrutedes con el.

Probamos diferentes patés

Probamos diferentes patés

martes, 26 de xuño de 2018

Froitas e froitos

Dentro do "Alimentate ben" a froita é unha parte esencial. 

Grazas a colaboración coas familias, puidemos convinar a celebración dos aniversarios  con algún tipo de actividade ou receita, que contivera froita ou froitos do momento.




Tamén tivemos a oportunidade de participar no programa:
 "Froita na escola"

luns, 25 de xuño de 2018

Coñecemos o "Mar"

Proseguindo coa viaxe, os nenos e nenas de segundo, cóntanos como vai o seu relato de "Naufraxio en conserva" polo que decidimos coñecer o mar, a súa inportancia, ..


Pedimos a colaboración da familia e enchemos o noso barco de conservas para poder realizar as novas actividades.

"Ponlle pilas ao teu bocata"


Xa chegando ó remate do curso, imos realizar una pequena recopilación das actividades levadas a cabo dentro do "Proxecta"
Alimentate ben, no que paticipou o centro, neste curso 2017/2018.

- Así comezamos polas realizadas no primeiro trimestre.



xoves, 21 de xuño de 2018

Recomendación lectoras de verán

Chegadas estas datas, é hora de descansar dun longo curso. 
De todas maneiras dende o noso cole imos facer unhas recomendacións de lectura para este verán. 
Hai tempo para todo!

O noso tríptico de recomendacións lectoras para o verán do curso 2017/2018

martes, 22 de maio de 2018

Contacontos con Olga Cuervo



Contacontos
Na xornada de hoxe, o alumnado do ciclo de educación infantil e 1º de primaria, adentráronse no mundo dos contos coa guía de Olga Cuervo.







Esperamos volver a desfrutar da súa visita.

LETRAS GALEGAS



Festexamos as Letras Galegas coa canción de
 "O CARRO" de "Fuxan os ventos"

O día 15 de maio, xuntámonos todo o centro no patio, para celebrar o día grande das nosa lingua, unha das actividades que se levaron a cabo, foi a canción de "O carro"
º

Aquí deixamos o vídeo do poema de Manuel María, interpretado pola Agrupación "Fuxan os ventos"

Mª Victoria Moreno




Biografía de:  Mª Victoria Moreno Marquéz

O alumnado de infantil, 1º, 2º e terceiro recitaron a biografía da autora homenaxeada este ano nas "LETRAS GALEGAS" mentras que o alumnado de 4º, 5º e 6º recitaron varios poemas da mesma.




 

O mellor lector.


Concurso: "Mellor lector"

Chegado a estas alturas do curso e coincidindo coas "Letras galegas" realizamos a entrega de premios ao mellor lector ou lectora de este curso 2017-2018.



Durante estes meses cada titor rexistrou os libros que levou cada un dos seus alumnos e alumnas realizando, ademais, un rexistro lector  no que recolleron o resumo dos libros que levaron e unha reseña/recomendación para os seus compañeiros/as.


Para festexar que tod@s disfrutamos coa lectura, tod@s levamos unha chapa de "Eu tamén leo"





 

Recomendacións lectoras

Recomendacións lectoras

Para o día das "Letras Galegas"

No espazo exterior da nosa biblioteca,  estes días podemos atopar a exposición de diversos libros en lingua galega.
Nesta compilación achegamos novidades adquiridas neste curso, contos clásicos, poesía e novelas de aventuras...




15 de maio.

Día da Familia
  
Coa intención de felicitar as familias do noso alumnado, realizouse un chaveiro para cada un dos alumos e alumnas coa figura da  mascota da bibioteca: "Xuve" coa impresora 3D.




Ademais disto, cada  nivel, tivo a oportunidade de buscar dentro dos recursos que nos pode aportar a biblioteca do centro: libros, manuais, revistas, internet... posibilidades dos agasallos que lles quixeron realizar eles mesmos.







Felicidades familias!!

martes, 8 de maio de 2018

Contos en familia.

Dentro das actividades do "Mes do Libro" contamos coa visita de tres familiares do alumnado de Educación Infantil.
Puidemos gozar dos relatos de tres contos populares: 
"Ricitos de oro", "Pinocho" e "Los tres cerditos"


Grazas pola vosa colaboración.

mércores, 25 de abril de 2018

III Feira de troco de libros na Región


Hoxe saíu publicada no xornal, La Región, a actividade da 
"III Feira de troco de libros de Xuvencos"




http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/intercambio-libros-xuvencos-boboras/20180425110920788127.html
"III FEIRA 
DE TROCO DE LIBROS DE XUVENCOS"
Despois do apadriñamento lector, do día anterior celebramos a III Feira de troco de libros no colexio de Xuvencos nesta "Semana do Libro".
Sentimos unha satisfacción plena pola acollida e implicación que teñen este tipo de actividades por parte d@s nos@s alumn@s.
Como dixo Joseph Addison:
"La lectura es a la mente lo que el ejercicio al cuerpo"
Aquí deixamos un enlace ao vídeo recopilatorio:

martes, 24 de abril de 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR


Este luns, día 23, a biblioteca extendeuse a distintos recunchos do centro para poder realizar o apadriñamento lector que tivo lugar, neste caso, co motivo do "Día Internacional do Libro"
@s alumn@s de cursos superiores exerceron de padriños e madriñas lectoras dos máis pequenos, amosandolles os libros que mañá poderán trocar na "III Feira de troco de libros de Xuvencos"

Foi unha xornada de convivencia xenial, na que fortaleceron vínculos, intercambiaron papeis e impresións... ademáis de ter a oportunidade de aprender a pensar cos libros son a mellor maneira de aprender.


Aquí vos deixo o enlace ao vídeo:





Visita de: Ramón Caride.


Como unha das actividades realizadas no centro, por mor, da conmemoración da semana do libro, recibimos a visita do autor galego de literatura infantil e xuvenil Ramón Caride.


O pasado día 18 de abril, xuntáronse na biblioteca os nenos e nenas de 3º e 4º nunha sesión e os nenos e nenas de 5º e 6º noutra; para escoitar como foi o proceso de creación e as pequenas anécdotas de: "As viaxes de Ruki" da man do seu autor, Ramón Caride. 

Aquí deixamos unhas fotos do encontro.

CONTOS NA NATUREZA


Xa que estamos na semana do libro e aproveitando estos marabillosos días de primavera, os nenos de 3º baixaron ao patio para contar un conto aos pequenos de Educación Infantil.





Como sempre os alumnos@s  e docentes quedaromos encantados coa actividade.



domingo, 8 de abril de 2018

Antón Comodón


Nesta semana, o ciclo de Educación Infantil, foi de excursión á o auditorio de  Ourense a ver a Obra de títeres:
 ANTÓN COMODÓN.

Este é un espectáculo dirixido a toda a familia.
Esta é a historia de Antón, a quen de neno, na súa casa lle facían todo. Cando medrou tiña un axudante, Nicolás, que o ter suficientes cartos foise as Illas Verdes.
Antón segue a Nicolás para que volva con él, pero nesa viaxe, aprende a vestirse, comer, atarse os cordóns dos zapatos.... e a valerse por sí mesmo.







                         

sábado, 31 de marzo de 2018

PREPARANDO A FEIRA


PREPARANDO A
"III FEIRA DE TROCO DE LIBROS"

Aínda que estamos en vacacións, a nosa impresora 3D segue traballando arreo acuñando moedas para a celebración da "III EDICIÓN DA FEIRA DE TROCO DE LIBROS DE BOBORÁS"
Instamos as familias a ir preparando os libros para intercambiar por Xuvencos. 
subiremos máis información á volta de Semana Santa.