martes, 26 de febreiro de 2019

24 DE FEBREIRO : DÍA DE ROSALÍA.

O pasado xoves celebramos o día de ROSALÍA no centro.

O alumnado de cuarto curso e a través dun KAMISHIBAI  explicounos a súa vida.

Ademais o alumnado recibiu un retrato de Rosalía realizado coa Impresora 3D para acompañar na canción .

Acó vos quedan unhas poucas fotos do evento:
E tamén o momento "canción":
                         
VIVA ROSALÍA!!!!!

martes, 19 de febreiro de 2019

ESTEFANÍA PADULLÉS: ILUSTRADORA

Mañá recibiremos a visita da ilustradora Estefanía Padullés.

Autora do libro " A manchas ou a raias?? "
A actividade destinada ó alumnado de ED. Infantil e 1º e 2º de primaria.

Esta semana contamos o libro na clase, e falamos das manchas e das raias, das diferenzas, dos medos e de que ás veces xulgamos as cousas polas apariencias... e quizais deberíamos profundizar un pouco máis.

Acó vos queda unha recomendación do libro que fan dende a libraría Couceiro:

          

A nosa biblioteca escolar xa está preparada para a súa visita:

          
     

luns, 11 de febreiro de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Despois das obras na biblioteca escolar, a semana pasada "reabríronse as portas da nosa biblioteca de centro para voltar a facer o préstamo  semanal e ademais comezaron a sair as "mochilas viaxeiras" rumbo ás casas do noso alumnado.

Comezamos o martes pasado, e a partir de agora cada luns as mochilas cambiarán de mans...

A " Mochila Viaxeira" forma parte dun Proxecto de Fomento da Lectura que se leva a cabo en colaboración coas familias.  


. Libros, contos, CD's, DVD's, guías ou revistas adecuadas tanto á idade dos alumnos aos que vai dirixida, como a outras idades, co obxectivo de poder compartila con todos os membros da familia.

- " O diario da mochila"

. Para escribir as vosas opinións e comentarios.

. Para propoñer melloras.

. Para enviarnos algún escrito propio ( relato breve, poesía...)

- " Normas para o seu uso"

. A mochila estará na casa dos alumnos durante unha semana.
. Débese coidar e valorar o material de cada unha delas.
. Débese devolver o día que corresponde con todo o seu contido ( recorda que despois o ten que levar o seguinte alumno que lle corresponde na lista).


Se queredes ver as fotos da primeira quenda de mochilas que saíron do colexio,
premede AQUÍ 
Se queredes ver as fotos da segunda quenda de mochilas que saíron do colexio,
 premede AQUÍ 
Se queredes ver as fotos da terceira quenda de mochilas que saíron do colexio,
premede AQUÍ.

Semanalmente no facebook do cole poderedes ver o resto das mochilas que van saíndo...

BOA LECTURA !!!!!

xoves, 7 de febreiro de 2019

ALFIN NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Aquí vos deixamos unha presentación para saber máis sobre ALFIN:




OS VIQUINGOS EN CIENCIAS SOCIAIS DE 3ºEP

Na clase de 3º EP estamos a traballar a temática dos viquingos. Despois dunha presentación e vídeo introductorios, o alumnado investigou diferentes aspectos da vida viquinga pescudando en Internet e buscando a información en libros. Con isto, realizaron uns traballos grupais, e aprendemos a canción 'Si vikingo tu quieres ser'. Tamén fixemos os nosos cascos viquingos para meternos en contexto: