sábado, 22 de decembro de 2018

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL.



Acó quedan as nosas recomendacións lectoras para o NADAL.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL: GAÑADORES

Dende o Equipo de biblioteca queremos agradecer novamente a participación no Concurso de postais de Nadal  por parte do alumnado e as súas familias.

As postais foron enviadas a diversas entidades pertencentes ó concello de Boborás: Centro de saúde, Concello, Centro de maiores de Brués, ás Parroquias...

E tamén a centros escolares cos que temos relación.

Ademais diso o xurado seleccionou catro postais gañadoras ( unha de cada unha das distintas categorías)  e 5 que obtiveron un "accesit".
Foi unha deliberación moi difícil porque a calidade das postais e dos textos foi moi boa.

Coas postais gañadoras confeccionamos unha única postal para compartir tamén vía web e por correo electrónico, que deixamos aquí tamén:



MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR !!!!!  


sábado, 8 de decembro de 2018

NOVIDADES!!

Están chegando novidades á nosa biblioteca para ampliar os libros que xa temos!!!

Especialmente poesía ( xa que este curso é a protagonista das Bibliotecas escolares) , algo de banda deseñada  e  tamén libros de "consulta" para poder investigar sobre o que se está a traballar nas aulas...



venres, 7 de decembro de 2018

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.

O equipo de Biblioteca convoca un concurso de postais de Nadal,
 para elaborar en familia.
Aquí tedes as bases do concurso: