sábado, 22 de decembro de 2018

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL: GAÑADORES

Dende o Equipo de biblioteca queremos agradecer novamente a participación no Concurso de postais de Nadal  por parte do alumnado e as súas familias.

As postais foron enviadas a diversas entidades pertencentes ó concello de Boborás: Centro de saúde, Concello, Centro de maiores de Brués, ás Parroquias...

E tamén a centros escolares cos que temos relación.

Ademais diso o xurado seleccionou catro postais gañadoras ( unha de cada unha das distintas categorías)  e 5 que obtiveron un "accesit".
Foi unha deliberación moi difícil porque a calidade das postais e dos textos foi moi boa.

Coas postais gañadoras confeccionamos unha única postal para compartir tamén vía web e por correo electrónico, que deixamos aquí tamén:



MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR !!!!!  


Ningún comentario:

Publicar un comentario