xoves, 15 de novembro de 2018

PREPARANDO O 20 DE NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DO NENO

O 20 de novembro de 1989 conseguise a aprobación da Convención dos dereitos do neno na ONU.

É por iso que todos os 20 de novembro se conmemora esta aprobación.

Dende a biblioteca e en colaboración co equipo de Convivencia decidimos facer un pequeno concurso de redacción para as clases de 4º, 5º e 6º de extensión entre 6-10 liñas .
Que comezase con : " Ser un neno ou nena mola porque..."

E ademais propuxemos o visionado , dependendo das idades, de curtas ou pequenos documentais para concienciar . Un exemplo é este da Practicopedia no que se nos explica a orixe desta conmemoración.

Ou este outro elaborado por UNICEF para os maiores:



E esta canción tan divertida para os pequenos.


Tamén vos queda aquí o enlace a unhas actividades relacionadas coa temática que elaborou UNICEF , premede AQUÍ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario