Os centros educativos da Comarca de o Carballiño
Celebramos o
Día das Árbores, da Auga e da Poesía,
na Insua dos Poetas.
Participaron oito centros educativos: IESnº1, IES Chamoso Lamas. Colexio Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, do Carballiño, e da comarca os colexios de Bearíz, Irixo e Boborás, e como centro convidadoeste ano, o colexio de Maristas de Ourense.
Cada centro elexiu unha palabra vencellada coa auga e despois realizou unha actividade relacionada coa mesma. Así léronse textos dramatizados, cantáronse cancións e realizáronse coreografías.
O acto estivo organizado polo Ceip Nosa Sra de Xuvencos
(Boborás), e contou coa asistencia de numerosas autoridades. Así, asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández; o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar; a delegada territorial de Educación, María Luz Fernández, así coma os directores, directoras, profesores e profesoras dos centros participantes.
O acto estivo seguido pola TVG, saíndo no programa " A Revista" con conexións en directo, así coma no telexornal do mediodía.
A imaxe que podedes ver, correspóndese coa actuación do noso centro.

A GLOBAL MUIÑEIRA
REPRESENTADA POLOS CENTROS QUE REALIZARON A CONVIVENCIA
Parabéns a tódolos participantes polas súas actuacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario